O Bloque Nacionalista Galego denuncia que o Goberno de Abel Caballero vén de eliminar o acto institucional do Concello de Vigo co gallo do Día Nacional de Galicia. A fronte nacionalista critica a decisión “sectaria” do alcalde cun evento que se leva celebrando máis de dúas décadas na cidade e que xa en 2023 deixou sen realizar sen xustificación despois de adialo ao mes de setembro.
“E vemos como este 2024 directamente o alcalde fai como se o acto nunca existise, sen tan sequera informar á Xunta de Portavoces con clara aleivosía e clandestinidade”, afeou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, quen considerou que esta decisión “non é casual nin gratuíta” e supón un paso máis na deriva de Caballero de “querer erixirse no verdadeiro campión do españolismo e da galegofobia” en Vigo.
Igrexas cuestionou que o rexedor se negue a conmemorar cun acto institucional o 25 de xullo, unha data na que asegurou se celebra o “orgullo de sermos galegas e galegos e a nosa identidade como pobo e nación” na maior urbe galega. “O alcalde non acaba de entender que os actos institucionais do Concello non son do seu Goberno senón de toda a cidade”, reprochou.
O portavoz municipal nacionalista reivindicou pola contra o firme compromiso e determinación do BNG en favor de que Vigo exerza o papel que lle corresponde como primeira cidade do país “fronte a quen insiste en illarnos, empequenecernos e amurallarnos nunha especie de cidade-estado medieval á altura do seu luminoso emperador”. Nese sentido, Igrexas chamou a que a cidade volva ser o potente pulmón industrial e produtivo de Galicia e a capital galega da innovación e da tecnoloxía. “A capital galega do futuro e, sobre todo, o verdadeiro motor dunha nova Galiza”, remachou.
La Catedral de Tui se ilumina de nuevo como un faro en la noche tudense y de este territorio transfronterizo
Álvaro de Luna, Lori Meyers o Marlena fueron algunos de los protagonistas del sábado en el Galicia Fest. ¡Dejaron estas imágenes!
Vigo retoma el Plan Especial de Protección do Ensanche Histórico, que avanza en un modelo de ciudad más verde y sostenible
El centro de la ciudad acogió a partir de las 20:00 horas la manifestación anual organizada en defensa de los derechos de las personas LGTBI
La nueva rectora de la UVigo pide a la Xunta "financiación y confianza" y una apuesta por la universidad pública. Carmen García Mateo toma posesión
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL