Verónica Tourón (PSOE): "Hai que promover o emprego para que Salceda deixe de ser vila dormitorio"

En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de Salceda de Caselas deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?

¿NO TIENES EL SERVICIO DE ALERTAS DE WHATSAPP?
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo.

Darme de alta <> Quiero saber más

As veciñas e veciños de Salceda deben votar o 26M sobre todo porque é un dereito que costou moito chegar a el. En canto a se esa papeleta debe ser do PSOE eu o resumiría en moi poucas palabras: Salceda necesita un cambio e o Partido Socialista ten a forza suficiente para proporcionar ese cambio e outro xeito de gobernar con boas ideas e boas formas.

No caso de ser alcaldesa, como imaxinas Salceda dentro de catro anos?

Se depositan a confianza no PSOE, Salceda terá un avance importante e será a Salceda cos servizos que realmente precisa. Non haberá máis políticas de maquillaxe, tampouco haberá grandes obras, con sinceridade, pero proporcionaremos os servizos necesarios propios dunha sociedade avanzada e acorde aos tempos nos que estamos.

Cales son os retos culturais que ten Salceda?

Salceda necesita un catálogo cultural moito máis amplo. A oferta está so baseada no tradicional, na gaita, na pandeireta e nos bailes tradicionais. Non saímos de aí. Nós respectamos as tradicións e teñen que formar parte da nosa cultura, pero o que entende o PSOE como cultura vai moito máis alá. Un catálogo diverso con obradoiros creativos, festivais de música, cine alternativo, exposicións itinerantes para que as parroquias tamén participen, pero sobre todo non centrarnos soamente nun tipo de actividade cultural.

As familias representan boa parte da poboación salcedense, que plan teñen os socialistas para eles?

O eixo do noso programa é tamén o impulso do emprego. Hai que promovelo para que Salceda deixe de ser unha vila dormitorio. Que avance para que as familias e os mozos que viven en Salceda teñan a oportunidade tamén de traballar aquí. Tamén ten que haber servizos de conciliación familiar, un colexio en condicións e non seguir collendo os remendos da Xunta do PP. Todas as necesidades da poboación infantil teñen que estar cubertas, entre outras cousas ten que haber unha partida específica para a infancia, que non houbo nunca.

Que solución aporta ao conflito cos traballadores municipais?

A solución está clara. Pasa porque o novo goberno -que esperamos ser nós- se sente a negociar con seriedade cos traballadores e traballadoras do Concello. Hai que aprobar a RPT para que todos teñan unha definición das súas tarefas e que se poidan sacar novas prazas para que aumente o número de empregados. Hai que sentarse a falar para aprobar un convenio laboral co maior consenso posible. Hai que ter vontade de negociar. O PSOE non vai a entrar a avivar máis esa polémica, propoñemos solucións.

O PXOM participativo é unha das súas prioridades...

Non é unha proposta nova. Parte da necesidade primordial de que o PXOM saia adíante co maior consenso social posible. Rexerá a vida dos veciños e veciñas durante os próximos 20 ou 30 anos. Nesta lexislatura -e xa comezara cando o PSOE cogobernou no Concello- manifestamos a nosa idea de que queríamos que se contase coa participación. Houbo máis de 400 suxerencias por parte da veciñanza e o alcalde non deu cabida a ningunha. Nós queremos un PXOM contando con todos e todas.

Cree que repetirá os resultados alcistas das eleccións xerais?

Nós xa tíñamos experimentado ese crecemento nos últimos tempos, duplicando afiliados e tendo moito máis apoio que nunca. Xa nos mirábamos fortes ante das Xerais e agora temos un novo pulo. As pasadas eleccións deixaron claro que somos a primeira forza de esquerdas e a Marea que apoiaba o alcalde non foi quen de quitar máis de 150 votos.

Con quen pactaría de non chegar á maioría absoluta?

O PSOE está en condicións de gobernar. Levamos un proxecto e unha candidata para ser alcaldesa. Sendo o primeiro partido da esquerda neste momento terá que ver Movemento Salceda se quere sumarse ao noso proxecto.

Por que acusas ao goberno de "paralizar Salceda"?

Porque este goberno non levou adiante ningún dos temas máis importantes como o PXOM ou o polígono industrial. Tampouco foi un interlocutor válido coa Xunta para lograr os avances que precisamos en ensino e saneamento. O único investimento foron os seis millóns de euros da Deputación presidida polo PSOE. Ademais, esperáronse a facer as obras a estas últimas semanas e están deixando morrer servizos como o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón.

Que sería un bo resultado?

Ter a forza suficiente para gobernar Salceda e levar adiante o noso programa electoral, que consideramos que é o máis realista e máis acorde coas necesidades que ten Salceda.

E un malo?

Empeorar o resultado que temos, que en ningún caso o barallamos, a verdade.

Que proxecto lle ilusionaría a Verónica Tourón?

Hai dous moi importantes. O saneamento integral, que non depende totalmente do Concello pero pelexaremos totalmente por el. É primordial. E outro é un ensino de calidade. Outro colexio de primaria e ensino post-obligatorio para a nosa xuventude. E que os nosos nenos e nenas teñan as mesmas oportunidades que os que viven en concellos limítrofes e dispoñen destes servizos.

PSOE SALCEDA DE CASELAS

Fai clic aquí para ver a lista completa

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA-PSOE (PSdeG-PSOE)

1. VERONICA TOURON DOMINGUEZ

2. ANGELA LEDO SOUTO

3. RUBEN GONZALEZ COTO

4. JORGE GREGORIO VAQUEIRO

5. MONICA PAMPIN GONZALEZ

6. FRANCISCO JAVIER PEREIRA CANOVACAS

7. ANDREA GROBA DOMINGUEZ

8. IVAN LORENZO CRESPO

9. SILVIA RODRIGUEZ VAQUEIRO

10. OSCAR DOMINGUEZ SEQUEIROS

11. LORENA FUENTES ELVIRA

12. SAUL OLMO VAQUEIRO

13. ISABEL MARTINEZ GREGORES

Suplentes

1. LUIS PEREIRA ALVAREZ

2. MARIA JOSE PEREZ NOVO

3. ELISEO ALONSO RODRIGUEZ

4. MARINA CABALEIRO FERNANDEZ

5. MANUEL GONZALEZ CASTIÑEIRA

6. PATRICIA GONZALEZ GROBA

7. JOSE VALCARCEL FERNANDEZ

8. JOSE MARTINEZ VAQUEIRO

9. ROSA MARIA NIETO GARCIA

10. ANTONIO RIVERO OUBIÑA

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*