• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

Cinco festas de San Xoán en Vigo que van máis alá dunha fogueira

Guía imprescindible para non perderte nada no San Xoán de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
22/06/2019

En Vigo este San Xoán arderán máis dunha vintena de fogueiras coas que prenderán os malos espíritos e deixaremos atrás conxuros e meigallos para iniciar o verán renovados. A oferta é moi variada e cada barrio contará coa súa propia celebración, pero a continuación destacamos cinco festas de San Xoán que son máis que prender unha fogueira: música e gastronomía protagonizarán estas celebracións que nos deixan unha fin de semana de festa.


Pode interesarche: Mapa de fogueiras de San Xoán en Vigo

Másnoticias

Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

Zona Franca de Vigo aprueba sus presupuestos para el 2027, con inversiones millonarias en la ciudad

21/07/2026
El BNG pide declarar Vigo como "ciudad saturada de pisos turísticos" e imponer una tasa municipal

El BNG exige al Concello de Vigo el fin del "acoso administrativo" a eventos culturales de la ciudad

21/07/2026

Festival Son da Industria

A asociación As da Industria prepara unha fin de semana na que a música local e en galego será a gran protagonista. O festival Son da Industria ofrecerá ao longo de dúas xornadas até seis concertos que, o domingo, finalizarán co acendido da a fogueira de San Xoán.

Dende Ponteareas abrirán o festival ás 21:00 horas do sábado As Punkiereteiras, un grupo de música e canto tradicional que actualiza o folk clásico con temas reivindicativos e feministas. Seguiralle Su Garrido Pombo, cantante, músico e compositora galega premio Martín Códax da Música 2019. O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.

A primeira noite do festival finalizará con Cuarta Xusta, grupo que se define por “berrar con música as inxustizas que nos rodean” e Flow do Toxo, un grupo formado por catro mulleres con clara conciencia feminista e amor polo rural.

Xa na noite de San Xoán, a xornada comezará ás 20:00 horas coa actuación infantil de Brais das Hortas, seguido dos concertos de Blues do País e Os Putos para acender a cacharela. A noite contará con sardiñada e bebida a prezos populares e todas as actuacións son de balde.

Lugar: Parque García Picher (Toys’R Us)

San Xoán Gastro en Navia

Navia volverá ser, como de costume, un dos barrios máis dinámicos da cidade olívica con múltiples actividades en torno ao San Xoán. O sábado 22 o local da asociación Novo Vigo acollerá unha charla sobre as herbas de San Xoán e posterior recollida das mesmas. Comezará ás 16:30 horas.

Xa o domingo, a rúa Ufas será o escenario dunha festa que comezará ás 20:00 horas con xogos populares e continuará coa Pándega das Teixugueiras ás 21:00 horas, dous picadiscos ás 21:30 horas e o conxuro da queimada ás 23:00 horas. O acendido da fogueira terá lugar á medianoite co meco feito por APAMP. A xornada contará tamén cun Gastro Bar con empanadas, croquetas, choripán, comida vegana e cervexa artesá.

Lugar: Rúa Ufas, Navia

Noite de fogueiras no Casco Vello

A Praza do Berbés acollerá un ano máis as celebracións de San Xoán do Casco Vello. A cita deste ano comezará ás 21:00 horas co espectáculo “Unha noite máxica” de Barafunda. Á noitiña, sobre as 22:30 horas terá lugar a saída de Akelarre que irá seguido da actuación de Ata o Mandil Dolores. Á medianoite chegará o momento do “Lume e Auga” cos Ghaiteir@s do Casco Vello.

Tamén no Casco Vello pero organizado pola Asociación Casco Vello Alto, na Praza do Abanico, haberá sardiñada, barra, música e diversión co DJ Gramola. Neste caso a cita comezará ás 18:00 horas. Dous sardiñas en pan de millo e unha empanadilla terá un prezo de 5 euros e recomendase mercar os tickets anticipados no Bar Primavera na Ronda de Don Bosco ou no Restaurante El Castro no Paseo de Alfonso XII.

Lugar: Praza do Berbés e Praza do Abanico

Noite de rock en Teis

Este 2019 os veciños de Teis propoñen a noite de “Kiss en Teis”. Aínda que parece que a banda non pasará polo barrio na súa xira mundial de despedida, seguro que os seus temas máis recoñecidos soarán na noite rockeira que tras o acendido da fogueira a medianoite prepararase da man dun particular DJ a bordo dun Citroën 2CV.

Antes, ás 22:30 horas a ambientación musical estará a cargo do Grupo de Gaitas da AA.VV. de Teis. Ao longo da noite haberá, como é natural, sardiñas asadas, pero tamén comida italiana e bebida. Tampouco faltarán as herbas de San Xoán para espantalos malos meigallos.

Lugar: Camiño dás Maceiras fronte ao Auditorio de Teis.

Embarcacións tradicionais en Canido

En San Miguel de Oia, na Festa de San Xoán dos Liñares os actos comezarán xa ás 11:00 horas coa exposición de embarcacións tradicionais no peirao de Canido e ás 13:00 horas o grupo Flashback amenizará a sesión vermú.

Áo mediodía, sobre as 14:00 horas, celebrarase un xantar popular con sardiñas, chourizos, empanadillas, “crioburguers” ou callos e xa á tardiña, ás 19:00 horas, terá lugar a segunda varada de embarcacións tradicionais e a actuación de Pandereteiras na praia de Canido.

Por último, Alberto Cunha amenizará a gran sardiñada que comezará ás 21:30 horas para, de seguido, celebrar o conxuro da queimada na gran fogueira de San Xoán. A festa celebrarase na contorna da praia de Canido, no Torreiro dos Liñares e haberá carpa e inchables infantís.

Outros San Xoán en Vigo

Entre as míticas festas de San Xoán atopámonos coa fogueira da Praza da Miñoca, que este ano contará cunha chourizada e bebidas. En Valadares celebrarán á festa dende as 22:00 horas con chourizos, viño e refrescos. Neste caso contarán coa música da Agrupación Folclórica do CVC de Valadares (a fogueira celebrarase nas inmediacións do Centro Cultural, xunto ao pavillón do Pedregal). En Balaídos, a asociación veciñal Val do Fragoso celebrará a súa tradicional fogueira (0:00 horas) con bocadillos de balde para os socios.

Pola súa parte, en Alcalbre -no Torreiro da Igrexa Vella- a festa comezará ás 21:00 horas cunha gran sardiñada e chourizos asados para, á medianoite, prender a fogueira. Dende as 20:00 horas actuará o Paiaso Pepín e diferentes actuacións musicais.

Na Asociación de Veciños de Cabral o San Xoán comezará ás 21:00 horas no local da asociación con sardiñas, chourizos, pan, viño e música. En Bembrive, o San Xoán irá acompañado de chourizos, empanada e tortilla dende as 22:00 horas no aparcamento de festas de Espedras. Amais, ten caracter solidario e todo o recadado irá integramente a financiar as colonias dos nenos e nenas do Colexio Mosteiro. En Beade, o Torreiro de Festas acollerá unha gran sardiñada dende as 21:00 horas con ración de balde para os socios das asociacións de veciños e do Círculo Cultural.

Temas: San Juan 2019San XoánSan Xoán 2019Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día
Qué hacer

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día

Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X